seguro de salud de pequeña empresa de ma cialis por internet se suboxone muestra en una prueba de drogas

SAXORNADAS 2018

Departamento de Vento Madeira – Aula de Saxofón

16-17-18 de Abril de 2018

 

Master-classes: Luis Ribeiro

 

 

Natural de Caldas das Taipas, comezou a estudar música na Banda Musical de Caldas das Taipas co 11 anos. En 1995 ingresou no Conservatório de Música do Porto. Posteriormente ingresou na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto, onde rematou a licenciatura e instrumento/saxofón.

Diplomado en Saxofone, Pos-Graduado en Pedagogia do Saxofón e Mestre en Ensino da Música, como solista participou con diversas orquestras portuguesas e estranxeiras.

Foi o único saxofonista vencedor do 1º premio do “Concurso Helena Sá e Costa – 2004”, concurso realizado pola Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo do Porto. Editou en 2014 o CD “Metamorfoses” coa pianista checa Ingrid Sotolarova.

É convidado a realizar master-classes, participar e festivais internacionais e en xurados de concursos nacionais e internacionais. En 2012 foi convidado a integrar o 35º International Saxophone Symposium, realizado en Washington, Estados Unidos da América. En 2015 estivo no 17º Congresso Mundial de Saxofón en Estrasburgo, onde realizou tres estreas mundiais de obras de compositores portugueses dedicadas a este saxofonista.

É Director artístico da Orquestra de Saxofóns do Minho e da Academia Internacional de Saxofón. Membro fundador da dirección da Associación Portuguesa do Saxofón que organizou o “EurSax17” Congresso Europeu de Saxofone, na cidade do Porto.

Exerceu funcións na Academia de Música Valentim Moreira de Sá en Guimarães, no Conservatorio de Música de Águeda, Companhia da Música en Braga e no Conservatorio de Música do Porto. Por concurso público, desde 2013 é profesor na Escola Artística do Conservatorio de Música Calouste Gulbenkian de Braga. É professor convidado equiparado a auxiliar no Departamento de Música do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho e doutorando en performance pola Universidade de Évora.

É artista internacional Selmer Paris e D’Addario Woodwinds.

 

MÁSTER-CLASSES: 17 – 18 ABRIL

17 DE ABRIL 9:00 -14:00 16:00 – 18:00

18 DE ABRIL 9:00 – 14:00

Prezos: 60 € activos. 20 € ointes.

Número de prazas activos: 12

Prazo límite do pago ao banco: 13 abril

Nome e apelidos(obrigatorio)

DNI (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Teléfono (obrigatorio)

Selecciona tipo de Inscrición:



Centro de Estudos

Centro de Traballo

Nivel de Estudos


Unha vez enchido e enviado o formulario, recibirás un mail coa confirmación da PRE-matrícula (se non o recibes revisa o cartafol de SPAM) e os datos do pagamento ao banco. Tras iso, procede ao pago antes do 13 de abril e entrega en Secretaría do resgardo do banco (debese poñer obligatoriamente no concepto o nome do alumno que realiza o curso) coa cantidade correcta o envialo escaneado a O rafaelyebra@gmail.com.

Se non recibides o correo, por favor contacta con webmaster@csmvigo.com

 


C O N C E R T O S

Auditorio Martín Códax

 

 

 

LUNS 16 ABRIL

10 anos sen a luz de Stockhausen

ENSEMBLE DE SAXOFÓNS DO CSM DE VIGO ÁS 20H

Programa monográfico K. Stockhasuen (1928 -2007) Tierkreis, Piccolo, Knabenduett, In freundschaft, Saxophone, Linker Augentanz.

Ensemble de saxofóns do CSM de Vigo: Andrea González, Adrián Montes, Jorge Martínez, Alicia Caride, María Jesús López, Rubén Fraga, Alejandro Troya. Sintetizadores: Maria del Mar Blanco. Percusión: Carlos Castro. Dirección: Rafael Yebra

MÉRCORES 18 ABRIL

AULA DE SAXOFÓN DA UNIVERSIDADE DO MINHO. 4SaxQuartet. Quinteto Quimera. Ensemble de saxofóns da Universidade do Minho.

Programa: Eugéne Bozza: Andante et Scherzo pour quatuor de saxophones. César Franck: Piano Quintet in F minor, M. 7, FWV. 7. H.. Berlioz: Chant Sacré. C. Debussy: Rapsodie Solista: Luis Ribeiro. Ph. Geiss: Klezmer Salsa

4SaxQuartet: Helena Lima, Catarina Pedrosa, Vitória Abreu, Andreia Silva.

Quinteto Quimera: Luís Salomé, Pedro Rebelo, Gonçalo Jorge, Manuel Ferreira, Catarina Trindade – Piano

Ensemble de saxofóns da Universidade do Minho:

Pedro Melo,Luís Salomé,Pedro Rebelo, Micael Moreira, Inês Goncalves, Helena Lim, Catarina Pedrosa, Vitoria Abreu, Francisco Rocha, Andreia Silva, Manuel Ferreira, Gonçalo Jorge. Dirección: Luis Ribeiro

LUNS 23 ABRIL – Universidade do Minho

ENSEMBLE DE SAXOFÓNS DO CSM DE VIGO

Programa: K. Stockhausen: Tierkreis. F. Decruck: Saxophonesques. A. Posadas: Anábasis. Ph. Geiss: Patchwork. M. Ravel: Le tombeau de Couperin.

Ensemble de saxofóns do CSM de Vigo: Andrea González, Adrián Montes, Jorge Martínez, Alicia Caride, María Jesús López, Rubén Fraga, Alejandro Troya. Dirección: Rafael Yebra

 

Back to Top