Cadros dunha Exposición

Día: Martes 9 ás 9:30h e Xoves 11 ás 11:00h..

Día: Martes 9 ás 9:30h e Xoves 11 ás 11:00h (Decembro)

Auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo

Creación e organización: Carlos Enrique Pérez

Diseño web: Jesús Vicente Monzó


 

Tras o éxito alcanzado nas pasadas edicións, o Conservatorio Superior de Música de Vigo inicia os Concertos Didácticos este curso con “Cadros dunha Exposición” de Modest Moussorgsky, dirixido aos cursos 5º e 6º de Educación Primaria.

Pasos a seguir para vir a un Concerto Didáctico:

– Visualizar toda esta guía didáctica,  a través da web ou descargando o arquivo en pdf con toda a información: Proposta, Actividades Previas a vir ao Concerto, Historia, etc… (Guía didáctica en pdf)*

– Se se ten a vontade de participar, entrar na pestana “Petición asistencia” e encher o formulario. Contactaremos rápidamente convosco para poder organizar o evento.

– Para a realización do Concerto, quereriamos contar coa colaboración do voso alumnado. Para iso propoñémosvos unha serie de actividades que aparecen indicadas na guía didáctica.   En primeiro lugar gustaríanos que enviaseis ao Conservatorio Superior* unha serie de debuxos realizados polo voso alumnado. Os debuxos a realizar explicánse na pestana Actividades para o concerto. O prazo para a entrega dos traballos é de 15 días antes do concerto.

     En segundo lugar, pódense facer as restantes actividades propostas nas pestanas “Actividades para o concerto” e “Actividades na aula”, que servirán como preparación para un maior aproveitamento do Concerto.


 *Dirección postal para o envío dos debuxos:

Conservatorio Superior de Música de Vigo •Manuel Olivié, nº 23 • 36203 VIGO

A/A Vicedirección


 

*O arquivo pdf contén audios para a realización das actividades propostas, polo que seguramente a primeira vez que se abra o arquivo aparecerá unha pestana na barra de ferramentas para permitir o contido multimedia do arquivo. Así mesmo, convén descargar o arquivo e non só abrilo co navegador. Para iso pulsar botón dereito sobre o *link e “garda enlace como…”