seguro de salud de pequeña empresa de ma cialis por internet se suboxone muestra en una prueba de drogas

Historia

O Conservatorio Superior de Música de Vigo, creado en 1956 por iniciativa municipal, convértese no primeiro Conservatorio Superior de Galicia no ano 1984. Anos despois, en 1989, adquire a categoría de Conservatorio Estatal dependente da Xunta de Galicia.

O CSM de Vigo está situado desde 1982 cerca do parque histórico de O Castro, unha paraxe privilexiada no centro da cidade. Actualmente, o Conservatorio dispón de tres edificios diferentes que albergan o Auditorio Martín Códax, 47 aulas, unha sala orquestral, un laboratorio de informática e electrónica e 8 cabinas de estudo a disposición do alumnado.

Desde 2003, impártese de forma exclusiva o Grao Superior de Composición, Musicoloxía, Pedagoxía da Música e Interpretación.

Coincidindo co seu 50 aniversario, o CSM de Vigo no 2006 recibe o galardón de Vigués Distinguido.

ALUMNADO

Vigo é unha das cidades más importantes do noroeste español. Algúns dos centros de ensino relevantes da cidade son a Universidade, a Escola Superior de Arte Dramático, a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional e o IES Audiovisual.

Debido ao enclave xeográfico, as linguas máis faladas son o Galego e o Castelán. Por outra parte, grazas aos intercambios desenvolvidos a través do Departamento de Programas Europeos, idiomas como o Inglés, o Portugués, o Francés, o Italiano o o Alemán fálanse e estúdanse de forma habitual no centro. Isto converte ao CSM de Vigo nun centro aberto e acolledor para alumnos de todas as latitudes.

Actualmente, temos Acordos Bilaterais con arredor de 80 Conservatorios ou Facultades de Música europeos en máis de 19 países. Tamén estamos desenvolvendo unha intensa actividade de intercambios Erasmus, acollendo e enviando un importante número de profesores e de alumnos.

A oficina de Relacións Internacionais contribúe a que os alumnos tanto entrantes como saintes poidan conseguir os seus obxectivos. Asemade, promove a súa integración non só a través da actividade social e cultural do Conservatorio, senón tamén da cidade.

Os alumnos Erasmus estranxeiros poden cursar os seus estudos de balde, recibindo o correspondente certificado dos créditos ECTS cursados e aprobados, atopando un ambiente acolledor, onde a maioría do profesorado fala Inglés.

Todos os anos se celebran unhas Xornadas de Portas Abertas para visitantes, así como para orientar e resolver calquera dúbida do alumnado interesado en cursar estudos no noso Centro.

Os estudantes teñen acceso ás aulas de estudo desde as 8:30h ata as 23:00h de luns a venres, e os sábados de 10:00h a 14:00h.

Cada ano, o CSM de Vigo acolle máis de 300 alumnos de diversas nacionalidades: española, portuguesa, grega, turca, letona, estónea, austríaca, brasileira, belga, italiana, coreana, etc, o que outorga ao noso Centro unha riqueza musical e cultural extraordinaria.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo está considerado como o máis dinámico de Galicia pola súa actividade cultural. O Auditorio Martín Códax recibiu a celebridades do mundo musical e cultural como Teresa Berganza, Jan-Ives Thibaudet, Carmelo Bernaola, Tomás Marco, Cristobal Halffter, Luis de Pablo, Michael Chance, Lana Reverdie, David Russell, Alfredo Aracil, Xavier Montsalvatge, etc.

ESPECIALIDADES

Ofertamos a maioría das especialidades orquestrais, así como Canto, Guitarra, Piano, Música Antiga e Instrumentos Tradicionais no Grao de Interpretación. Merece una mención especial o Departamento de Instrumentos da Música Tradicional e Popular (IMTP) por ser o único na docencia da Gaita Galega.

Tamén ofrecemos estudos de materias creativas coma Composición, de investigación coma Musicoloxía ou orientadas cara a futuros profesores como Pedagoxía da Música. Novas especialidades tales como Enxeñeiro de Son e Dirección Orquestral e Coral desenvolveranse

proximamente.

Institucións co Acordo Internacional co CSMVigo

Colaboracións:

Turismo de Vigo


Fotografía:
  • Daniel Arenas
  • EAV





  • Conservatorio Superior de Música de Vigo
    •Manuel Olivié, nº 23 •36203 VIGO
    Tf: 986 471144 • Fax: 986 481 807 •

    E-mail equipo directivo: cmus.vigo@edu.xunta.es

    E-mail - Administración: administracion@csmvigo.com

    Back to Top