Conservatorio Superior de Música de Vigo

«A forma sonata», curso impartido polo Prof. Emilio Lede

abril 28 carolina 0 Comments

Os manuais da forma musical adoitan falar da sonata ternaria de finais do Clasicismo. Pero a historia da sonata comeza nas formas binarias de finais do Barroco e inclúe numerosas variantes que exceden os límites das abstraccións teóricas que conteñen os tratados.

O curso fai un rápido percorrido pola sonata desde Domenico Scarlatti ata Johannes Brahms pasando por Johann Christian Bach, Mozart e Beethoven. Os exemplos escollidos ilústranse e relaciónanse con diferentes gravacións de referencia que permiten comprender a relación entre a interpretación e a análise das obras.

Previous Post

Next Post