Conservatorio Superior de Música de Vigo

Presentación

O Departamento de Musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo ten asignada a docencia das disciplinas obrigatorias específicas dos itinerarios de Etnomusicoloxía e Musicoloxía Histórica.

Por outra banda, tamén é responsable dalgunhas das materias de formación básica correspondentes ás especialidades de Interpretación, Composición e Pedagoxía, como son Historia da música, Formación laboral e normativa, Organoloxía, Música e culturas ou Introdución á investigación, ademais da materia optativa de Músicas populares urbanas.

Neste sitio poderás atopar información relativa ó desenvolvemento das actividades do Departamento xunto con outra información académica de interese.