Conservatorio Superior de Música de Vigo

En liña

Presentamos aquí unha relación de enlaces web que esperamos poidan resultar de utilidade e interese para todo aquel estudante, profesor, investigador ou curioso pola Musicoloxía nas súas diferentes vertentes.

[simnor_tabs][simnor_tab label=”Sociedades”]

• International Musicological Society (IMS) – Sociedade Internacional de Musicoloxía ims-international.ch Fundada en 1927 en Basilea (Suíza) persegue o avance na investigación musicolóxica baseada na cooperación internacional. É a responsable da publicación da revista Acta Musicologica.

• The Society for Ethnomusicology (SEM) – Sociedade de Etnomusicoloxía www.ethnomusicology.org Foi fundada en 1955 no seo da Universidade de Indiana-Bloomington (Estados Unidos) co fin de promover a investigación do feito musical de todas as culturas e períodos históricos desde o seu contexto cultural.

• Sociedad Española de Musicología (SEDEM) – Sociedade Española de Musicoloxía www.sedem.es Desde a súa fundación en 1977 ten por obxecto, segundo a propia sociedade, o «estudo e a ensinanza da Musicoloxía e a música en xeral, con especial énfasis no coñecemento, recuperación e difusión do patrimonio musical español e as súas ramificacións históricas e xeográficas». Publica con periodicidade semestral a Revista de Musicología (RdM).

• Sociedad Ibérica de Etnomusicología (SIBE) – Sociedade Ibérica de Etnomusicoloxía www.sibetrans.com Na actualidade agrupa a preto de 200 socios procedentes de España e Latinoamérica con intereses comúns na conservación e difusión do patrimonio musical, así como pola música entendida nos seus contextos sociais e como feito cultural. A principal publicación desta sociedade é a revista de acceso libre TRANS-Revista Transcultural de Música.

[/simnor_tab][simnor_tab label=”Textos académicos e revistas”]

• Journal Storage (JSTOR) www.jstor.org Arquivo en liña de publicacións académicas, especialmente, aínda que non en exclusiva, de publicacións periódicas. Baixo rexistro gratuíto permite a consulta dun máximo de tres documentos cada quince días.

• Questia Online Library www.questia.com Librería dixital enfocada principalmente ás humanidades e ciencias sociais. Ofrece de forma gratuíta táboas de contidos, primeiras páxinas de capítulos ou traballos en dominio público.

• Academia www.academia.edu Sorte de red social enfocada a investigadores que permite o intercambio de coñecemento a través da publicación en liña de artigos de orde científica.

• Síneris. Revista de música www.sineris.es Unha revista de musicoloxía que pensa en investigar máis que en ser turista da música, onde prima o como fronte o por que, o intanxible fronte ó inmediato. De periodicidade mensual, mostra un achegamento fresco á investigación musicolóxica ou á crítica musical.

[/simnor_tab][simnor_tab label=”Fontes das músicas de tradición oral”]

• Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) www.apoi-mpg.org Proxecto promovido polo Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego co fin de dixitalizar, catalogar, estudar e difundir o patrimonio inmaterial de Galicia. Permite o acceso libre ó seu Arquivo Sonoro, que contén numerosas gravacións e transcricións musicais e literarias da música de tradición oral galega.

• Cancioneiro Popular Galego www.fundacionbarrie.org/cancioneiro/ O Cancioneiro Popular Galego publicado pola Fundación Barrié foi recollido e ordenado pola etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth e o lingüísta galego Antón Santamarina entre 1978 e 1984. O acceso ós sete volumes que compoñen o cancioneiro é libre a través da web da fundación.

• Arquivo da Association for Cultural Equity (ACE) research.culturalequity.org Esta asociación custodia o arquivo do etnomusicólogo norteamericano Alan Lomax (1915–2002), ó cal se pode acceder a través do seu sitio. Nel podemos destacar as gravacións efectuadas por Lomax entre os anos 1952 e 1953 por todo o territorio español.

[/simnor_tab][simnor_tab label=”Fontes históricas”]

• Galiciana galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es Este proxecto emprendido pola Biblioteca de Galicia ten por fin dixitalizar os seus fondos patrimoniais máis relevantes así como normalizar o acceso ós mesmos.

• Biblioteca Digital Hispánica www.bne.es/es/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Inicio/index.html Fondos dixitalizados da Biblioteca Nacional de España (BNE). Destacan as coleccións de teatro lírico, cantorais, discos perforados para reproductores musicais mecánicos ou o fondo sonoro.

• Biblioteca Nacional de Catalunya www.bnc.cat/Fons-i-col-leccions/Fons-digitalitzats Entre os documentos dixitalizados pola Biblioteca Nacional de Catalunya (BNC) atopamos os fondos Isaac Albéniz, os da catedral de Barcelona ou un importante depósito de cilindros de cera.

• Gallica gallica.bnf.fr De forma análoga á Biblioteca Dixital Hispánica, Gallica é o proxecto de dixitalización da Biblioteca Nacional de Francia (BNF). Entre os seus fondos consta un gran número de autógrafos e primeiras edicións de compositores franceses que abrangue todo o período da práctica común.

• SLUB Dresden digital.slub-dresden.de A sección de fondos dixitalizados da Biblioteca Estatal de Saxonia e Universitaria de Dresde contén, entre outros materiais de interese, unha importante mostra de manuscritos musicais autógrafos o apócrifos dos compositores ligados á Capela musical de Dresde.

• E-codices www.e-codices.unifr.ch Arquivo dixital de máis de 1000 manuscritos procedentes de diversas bibliotecas de Suíza. Podemos atopar dixitalizados e dispoñibles para descarga, entre outros, o Cantatorium da Abadía de San Galo ou o Gradual de Einsiedeln, fontes fundamentais para a paleografía musical.

[/simnor_tab][/simnor_tabs]