Conservatorio Superior de Música de Vigo

Etnomusicoloxía

A Etnomusicoloxía é a disciplina tradicionalmente encargada do estudo das músicas de tradición oral –occidentais ou non–, músicas populares urbanas e da música culta non occidental. Desde un punto de vista máis actual a SIBE-Sociedad de Etnomusicología define a etnomusicoloxía de forma máis ampla como o estudo da música entendida como feito cultural e das relacións da música cos seus contextos sociais.

O plan de estudos proposto para os estudos do itinerario de Etnomusicoloxía está dispoñible para a súa consulta aquí.