Conservatorio Superior de Música de Vigo

Proba de acceso

A proba de acceso á especialidade de Musicoloxía nos seus dous itinerarios ten por fin determinar a competencia do aspirante para o afrontamento axeitado dos estudos que conlevan á obtención do título de Grao Superior de Música.

O cadro de alumnado ó que esta especialidade vai dirixida é todo aquel con interese pola Musicoloxía, preferentemente egresado dun conservatorio profesional e de xeito ideal cun coñecemento sucinto da disciplina por ter cursado o itinerario correspondente no sexto curso das Ensinanzas Profesionais.

Para unha aproximación ós contidos de ambas especialidades podedes visitar as páxinas correspondentes do menú Estudos deste mesmo sitio. Ademais, podedes consultar as pautas orientativas de cara á realización da proba de acceso para ambos itinerarios, de Etnomusicoloxía e Musicoloxía Histórica, neste documento.

 Para máis información podedes visitar a área de secretaría da web do conservatorio.