Conservatorio Superior de Música de Vigo

Profesorado


Alonso Monteagudo, Julio Carlos (xefe de departamento)

Julio Alonso Monteagudo é licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo, Profesor Superior de Frauta polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e Master en Xestión Cultural pola Universidade de Barcelona. Como investigador, atópase actualmente na etapa de tese no Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Costa Vázquez, Luís

Luis Costa Váquez interesouse desde moi novo polo ensino, e aínda que fixera o bacharelato por ciencias, elixiu a historia, a filosofía, a arte, a literatura, a antropoloxía e a música. Como mediano clarinetista, coñeceu a música de banda, director ocasional e arranxista. Xestor e consultor na administración pública, desde hai máis de vinte anos, é profesor en conservatorios, institutos e universidades. Como escritor e investigador tenta comprender a experiencia musical como unha rede na que capturar o sentido das cousas e da vida.

 Jurado Luque, Javier Luis

www.javierjurado.com

Javier Jurado Luque é Titulado Superior en Música, Licenciado en Historia e Ciencias da Música e Doutor pola Universidade de A Coruña coa tese A lenda de Montelongo: a zarzuela galega como manifestación cultural multidisciplinar na conformación do nacionalismo galego. É autor de numerosos libros e artigos relacionados cos campos da Pedagoxía Musical e da Musicoloxía. Neste último campo revisou e publicou obras de José Fernández Vide, Bernardo del Río, Francisco Rey Rivero e Reveriano Soutullo, entre outros.

Pertence ao Consejo Científico Internacional da revista Música y Educación e é director de Etno-Folk, Revista de Etnomusicología, así como da editorial Dos Acordes. Dedicado profesionalmente á docencia, imparte clases no Conservatorio Superior de Música de Vigo, así coma no Master de Teatro e Artes Escénicas da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de dita cidade.

Lede Abal, Emilio

Emilio LedeEmilio Lede comeza os seus estudos musicais da man do seu pai. Estuda piano e óboe, máis tarde composición con Joám Trillo –quen esperta o seu interese pola análise– e finalmente musicoloxía. Interesado pola interpretación, dirixiu, entre outras agrupacións, o Coro de cámara A laranxa así como a Joven Orquesta Juan Crisóstomo Arriaga de Majadahonda.

As súas liñas de investigación musicolóxica céntranse na historia da harmonía, na relación da análise coa interpretación e nas correspondencias entre a música e as outras artes. Escribiu artigos para as revistas Relafare, Cuatro42, Diapente, Sul Ponticello e Sexto Orden, deu conferencias no CGAC de Santiago de Compostela, no Museo de Belas Artes da Coruña, na galería de arte Lilliput, no Conservatorio Superior de Música de Vigo e na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, impartiu cursos no Conservatorio Profesional de Santiago, no Superior de Vigo e na ESMAE de Oporto, e no ano 2012 publicou na editorial Dos Acordes o libro Análisis musical y guía para la interpretación. Partita para flauta sola BWV 1013 de J. S. Bach. Sonata para flauta sola de C. Ph. E. Bach, presentado na ESMUC de Barcelona no marco da II Convención da Asociación de Flautistas de España en marzo de 2012.

Actualmente é profesor de Musicoloxía no Conservatorio Superior de Música de Vigo, forma parte do grupo de música contemporánea Vertixe Sonora Ensemble e imparte a segunda edición de Aguzar el oído, curso sobre a música do século XX no MARCO de Vigo.

Pías González, Myriam

Myriam Pías obtivo o título de Profesora de Piano no Conservatorio de Lugo, paralelamente acabou os estudos de Enxeñaría, nos cales se lle concedeu o premio extraordinario fin de carreira, e disfrutou dunha beca de investigación na Universidade de Santiago de Compostela. Con posterioridade completou os estudos de Historia e Ciencias da Música e o Máster en Musicoloxia da Universidade de La Rioja, institución na que está desenvolvendo a súa tese na actualidade. 

Como formación complementaria ten realizado cursos relacionados coa música e a pedagoxía organizados polo Ministerio de Educación, así como polas universidades de Santiago de Compostela, Complutense de Madrid e Camilo José Cela.

A súa experiencia profesional no ámbito do ensino da música comezou no ano 2003, tendo impartido docencia en escolas de música, institutos e conservatorios.

Queipo Gutiérrez, Carolina   

Doctora en Musicología por la Universidad de La Rioja bajo la supervisión de Teresa Cascudo (2015, Premio extraordinario de doctorado): “Élite, coleccionismo y prácticas musicales en La Coruña de la Restauración (1815-1848): el fondo musical Adalid”. Graduada en guitarra clásica, su formación fue completada con becas predoctorales en el Conservatorio Superior de Música Karol Lipiński Academy of Music (Wroclaw, Polonia) y en la Real Academia de España en Roma en cooperación con el IBIMUS (Roma, Italia). Entre 2009 y 2013 y 2016-2017 fue profesora de musicología en la Universidad de La Rioja y en paralelo docente de la misma especialidad en el Conservatorio Superior de Navarra. En la actualidad es profesora en el Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Sus principales líneas de investigación se centran en la historia social y cultural de la música del siglo XIX en España, particularmente de la música de cámara y de repertorios operísticos. Ha publicado varios artículos en estos campos y asistido a congresos nacionales e internacionales. Por otro lado, ha formado parte de diferentes equipos/proyectos de investigación, vinculados a las universidades de Salamanca, “La recepción de la ópera italiana y francesa en España (1790-1870)” y de La Rioja, “Historia Cultural de la Música” y ” Música en España: composición, recepción e interpretación”.    conservatoriosuperiorvigo.academia.edu/CarolinaQueipo

Relova Quintero, Roberto

Doctor en Comunicación e Medios Audiovisuais en 2015 pola Universidade de Vigo. A súa tese de doutoramento titúlase “La música clásica y la narración fílmica en la obra de Pedro Almodóvar” dirixida por Anna Amorós e Luís Hueso Montón.

Actualmente colabora como crítico musical na revista Codalario, en La Voz de Galicia e no programa de emisión nacional “Instinto Clásico” de Onda Cero.