1.- CALENDARIO DE MATRÍCULA: ALUMNADO CON PRAZA ADXUDICADA NESTE CENTRO

9 AO 22  DE XULLO DE 2019 ÁMBOS OS DOUS INCLUÍDOS  das 09.00 ás 13.00 horas

2.- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

a) Impreso de matrícula:  OBRIGATORIO (Cos datos cubertos en letra maiúscula) No primeiro curso a matrícula é de curso completo obrigatoriamente polo que se ten que poñer no impreso un  (círculo) Ο  nas cuadrículas de todas as disciplinas de 1º curso (tanto do primeiro como do segundo cuadrimestre) que teñan número de créditos.

No prazo duns días a partires da matriculación, se lle comunicará ao alumnado, no enderezo electrónico que poña no impreso de matrícula, un novo enderezo electrónico persoal asignado polo centro, coa extensión @csmvigo. Dito enderezo será o que se utilizará polo centro e o alumnado paras as comunicacións telemáticas.Este enderezo electrónico  ten que estar activado para poder recibir as comunicacións e presentar as solicitudes on-line.  Para resolver as posibles incidencias respecto a activación  e funcionamento do correo asignado se terá que contactar co: tic2@csmvigo.com

b)) Resgardo de pagamento de prezos públicos: OBRIGATORIO (agás no caso do alumnado que indique  no recadro correspondente ás bonificacións que vai a solicitar bolsa de estudos ou, que ten dereito a exención total de pagamento).  O alumnado que se acolla a exención ou bonificación de pagamento de prezos públicos terá que aportar a documentación que acredite o dereito .Ver instrucións para o pagamento de prezos públicos

c) Resgardo de pagamento do seguro escolar:  OBRIGATORIO PARA O ALUMNADO MENOR DE 28 ANOS. Tense que presentar o resgardo de ingreso na conta ES 12 2080.5075.15.3040031502 de entidade  Abanca do importe de 1,12 € correspondentes ao seguro escolar (Datos que teñen que figurar no ingreso: Concepto: Seguro escolar, Ordenante: Apelidos e nome do alumno/a. Se o ordenante fose outra persoa os apelidos e nome teñen que indicarse no “Concepto” do ingreso (<Seguro escolar> <Apelidos, Nome do alumno(a)> )

d) Impreso de autorización informada de uso de imaxe:  OBRIGATORIO

e) Unha foto tamaño carné : OBRIGATORIA PARA TODO O ALUMNADO DE NOVO INGRESO. (TENSE QUE ENVIAR ESCANEADA Á DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO: administracion@csmvigo.com. O NOME DO FICHEIRO ENVIADO SERÁ OS APELIDOS E NOME DO ALUMNO/A)

f) Impreso de solicitude de recoñecemento de disciplinas-créditos superados noutra especialidade: (soamente o alumnado que ten disciplinas comúns superadas noutra especialidade das ensinanzas artísticas superiores LOE)

g) Impreso de solicitude de recoñecemento de  créditos ECTS,  e a súa correspondente documentación xustificativa: (soamente no caso de solicitar recoñecemento de disciplinas/créditos )  ESTA SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN TENSE QUE PRESENTAR – NO SEU CASO – XUNTO COA MATRÍCULA PARA PODER SER TRAMITADA.

h) Impreso de autorización da tramitación de matrícula (Soamente no caso de que a matriculación a realice unha persoa distinta do interesado(a)

* As solicitudes/peticións sobre calquera outra cuestión tense que presentar mediante o impreso: INSTANCIA

_______________________________________________________________________________________________________

OS IMPRESOS SE PODEN DESCARGAR DA PÁXINA WEB DO CENTRO E TEÑEN QUE PRESENTARSE CORRECTAMENTE CUBERTOS E ASINADOS
A documentación acreditativa de calquera circunstancia ten que ser orixinal. No caso de querer conservar o orixinal tense que achegar unha fotocopia para compulsala
É obrigatorio presentar toda a documentación requirida en cada caso para admitir a matriculación

_______________________________________________________________________________________________________ 

 3.- IMPRESOS

3.1 IMPRESOS DE MATRÍCULA POR ESPECIALIDADES/ITINERARIOS:   PLANS DE ESTUDOS  DECRETOS 163/2015 – 171/2016
FORMATO PDF : CANTO COMPOSICION GUITARRA INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR DE GALICIA INSTRUMENTOS DE CORDA FRETADA INSTRUMENTOS DE VENTO MADEIRA INSTRUMENTOS DE VENTO METAL MÚSICA ANTIGA (CLAVE) MÚSICA ANTIGA (INSTRUMENTOS DE CORDA PULSADA DO RENACEMENTO E BARROCO) MÚSICA ANTIGA (INSTRUMENTOS HISTÓRICOS DE CORDA FRETADA E INSTRUMENTOS HISTÓRICOS DE VENTO) MÚSICA ANTIGA (VIOLA DA GAMBA)) MUSICOLOXÍA – ETNOMUSICOLOXÍA MUSICOLOXÍA – HISTÓRICA PEDAGOXÍA PERCUSIÓN PIANO PRODUCIÓN E XESTIÓN TRABALLO FIN DE ESTUDOS
FORMATO DOC:
AUTORIZACIÓN DE TRAMITACIÓN DE MATRÍCULA (Soamente no caso de que a matriculación a realice unha persoa distinta do interesado(a).
AUTORIZACIÓN INFORMADA DE USO DA IMAXE   (obrigatorio para todo o alumnado)
SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS ECTS (soamente no caso de solicitar validación de disciplinas)  (IMPORTANTE:  A  PRESENTACIÓN DESTA SOLICITUDE E A CORRESPONDENTE DOCUMENTACIÓN TENSE QUE FACER OBRIGATORIAMENTE XUNTO COA MATRÍCULA)
SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE DISCIPLINAS -CRÉDITOS ECTS SUPERADOS NOUTRA ESPECIALIDADE (soamente parao alumnado que ten disciplinas comúns a dúas especialidades/itinerarios xa superadas nunha delas)
INSTANCIA   (para solicitudes/peticións sobre calquera outra cuestión)
 FORMATO PDF:   AUTORIZACIÓN DE TRAMITACIÓN DE MATRÍCULA AUTORIZACIÓN INFORMADA DE USO DE IMAX SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS ECTS SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE DISCIPLINAS -CRÉDITOS ECTS SUPERADOS NOUTRA ESPECIALIDADE  INSTANCIA

4. – INFORMACIÓN

 

INSTRUCIÓNS PARA O PAGAMENTO DE PREZOS PÚBLICOS

 

5.- NORMATIVA

Decreto 163/2015, do 29 de outubro,   Decreto 171/2016, do 24 de novembro e Orde do 21 de novembro de 2016 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Circular 4/2010 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; Decreto 89/2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria