1.- DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

a) Impreso de matrícula:  OBRIGATORIO (Cos datos cubertos en letra maiúscula) Se ten que poñer no impreso un  círculo   Ο      nas cuadrículas das disciplinas nas que se matricule.  O enderezo electrónico ten que ser o asignado polo centro no curso pasado coa extensión @csmvigo. Dito enderezo será o que se utilizará polo centro e o alumnado paras as comunicacións telemáticas. 

Este enderezo electrónico  ten que estar activado para poder recibir as comunicacións e presentar as solicitudes on-line. No caso de non o ter activado ou esquecer a contrasinal tense que poñer en contacto co webmaster do centro para solucionalo tic2@csmvigo.com

b)) Resgardo de pagamento de prezos públicos: OBRIGATORIO (agás no caso do alumnado que indique  no recadro correspondente ás bonificacións que vai a solicitar bolsa de estudos ou que ten dereito a exención total de pagamento). O alumnado que se acolla a exención ou bonificación de pagamento de prezos públicos terá que aportar a documentación que acredite o dereito .VER INSTRUCIÓNS PARA O PAGAMENTO DE PREZOS PÚBLICOS

c) Resgardo de pagamento do seguro escolar:  OBRIGATORIO PARA O ALUMNADO MENOR DE 28 ANOS. Tense que presentar o resgardo de ingreso na conta  ES12 2080.5075.15.3040031502 de entidade  Abanca do importe de 1,12 € correspondentes ao seguro escolar (Datos que teñen que figurar no ingreso: Concepto: Seguro escolar, Ordenante: Apelidos e nome do alumno/a. Se o ordenante fose outra persoa os apelidos e nome teñen que indicarse no “Concepto” do ingreso (<Seguro escolar>+ <Apelidos, Nome> )

d) Impreso de autorización informada de uso de imaxe:  OBRIGATORIO

e) Impreso de solicitude de manteñemento ou cambio  de profesorado: (OBRIGATORIO para todo o alumnado que se matricule nalgunha das disciplinas que figuran no impreso)

f) Impreso de disciplinas/créditos cursados en mobilidade Erasmus: (OBRIGATORIO para todo o alumnado que vai realizar unha mobilidade Erasmus no curso 2019/2020)

g) Impreso de solicitude de recoñecemento de disciplinas-créditos superados noutra especialidade: (soamente o alumnado que ten disciplinas comúns superadas noutra especialidade das ensinanzas artísticas superiores LOE)

h) Impreso de solicitude de recoñecemento de  créditos ECTS,  e a súa correspondente documentación xustificativa: (soamente no caso de solicitar recoñecemento de disciplinas/créditos )  ESTA SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN TENSE QUE PRESENTAR – NO SEU CASO – XUNTO COA MATRÍCULA PARA PODER SER TRAMITADAModelo para cubrir a solicitude

i) Impreso de incorporación ao expediente de disciplinas-créditos recoñecidos pola Dirección Xeral. (soamente o alumnado que ten disciplinas-créditos recoñecidos en cursos anteriores e non os ten incorporados ao expediente). É obrigatorio o pagamento (no seu caso) da taxa de recoñecemento (1€x crédito) cun impreso de pagamento distinto ao do pago de matrícula

k) Impreso de Autorización da tramitación de matrícula (Soamente no caso de que a matriculación a realice unha persoa distinta do interesado(a).

l) As solicitudes sobre calquera outra cuestión tense que presentar co impreso: INSTANCIA

A SOLICITUDE DAS  DISCIPLINAS OPTATIVAS  CONCRETAS QUE SE QUERÁN CURSAR SE  FARÁ ON-LINE CON POSTERIORIDADE Á MATRÍCULA

_______________________________________________________________________________________________________

OS IMPRESOS SE TEÑEN QUE DESCARGAR DA PÁXINA WEB DO CENTRO E TEÑEN QUE PRESENTARSE CORRECTAMENTE CURBERTOS E ASINADOS
A documentación acreditativa de calquera circunstancia ten que ser orixinal. No caso de querer conservar o orixinal tense que achegar unha fotocopia para compulsala
É obrigatorio presentar toda a documentación requirida en cada caso para admitir a matriculación

_______________________________________________________________________________________________________

 2.- IMPRESOS

3.1 IMPRESOS DE MATRÍCULA POR ESPECIALIDADES/ITINERARIOS:   PLANS DE ESTUDOS  DECRETO 163/2015 – 171/2016
FORMATO PDF :  CANTO COMPOSICION GUITARRA INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR DE GALICIA INSTRUMENTOS DE CORDA FRETADA INSTRUMENTOS DE VENTO MADEIRA INSTRUMENTOS DE VENTO METAL MÚSICA ANTIGA (CLAVE) MÚSICA ANTIGA (INSTRUMENTOS DE CORDA PULSADA DO RENACEMENTO E BARROCO) MÚSICA ANTIGA (INSTRUMENTOS HISTÓRICOS DE CORDA FRETADA E INSTRUMENTOS HISTÓRICOS DE VENTO) MÚSICA ANTIGA (VIOLA DA GAMBA)) MUSICOLOXÍA – ETNOMUSICOLOXÍA MUSICOLOXÍA – HISTÓRICA PEDAGOXÍA PERCUSIÓN PIANO PRODUCIÓN E XESTIÓN TRABALLO FIN DE ESTUDOS
FORMATO DOC:
AUTORIZACIÓN INFORMADA DE USO DA IMAXE   (obrigatorio para todo o alumnado)
SOLICITUDE DE MANTEÑEMENTO OU CAMBIO DE PROFESORADO (Obrigatorio para todo o alumnado que curse algunha das disciplinas que figuran no impreso)
DISCIPLINAS-CRÉDITOS CURSADAS EN MOBILIDADE ERASMUS     (obrigatorio para o alumnado que vai realizar unha mobilidade Erasmus no curso 2019/2020)
INSTANCIA (para solicitudes, escritos, que non teñen impreso específico)
SOLICITUDE DE ADMISIÓN COMO ALUMNO-A EN PRÁCTICAS (PEDAGOXÍA)  (pdf) (para o alumnado da especialidade de Pedagoxía que se matrícule na disciplina Prácticas de Profesorado)
SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS ECTS (soamente no caso de solicitar validación de disciplinas)  (IMPORTANTE:  A  PRESENTACIÓN DESTA SOLICITUDE E A CORRESPONDENTE DOCUMENTACIÓN TENSE QUE FACER OBRIGATORIAMENTE XUNTO COA MATRÍCULA)
SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE DISCIPLINAS -CRÉDITOS ECTS SUPERADOS NOUTRA ESPECIALIDADE (soamente para o alumnado que  ten disciplinas comúns a dúas especialidades xa superadas nunha delas)
SOLICITUDE DE INCORPORACIÓN AO EXPEDIENTE DE DISCIPLINAS CRÉDITOS ECTS RECOÑECIDOS POLA DIRECCIÓN XERAL   ( soamente para  o alumnado que ten recoñecidos créditos de disciplinas en anos anteriores e os ten pendentes de incorporar)
AUTORIZACIÓN DE TRAMITACIÓN DE MATRÍCULA (Soamente no caso de que a matriculación a realice unha persoa distinta do interesado(a).
 FORMATO PDF:   AUTORIZACIÓN DE TRAMITACIÓN DE MATRÍCULA AUTORIZACIÓN INFORMADA DE USO DE IMAXE DISCIPLINAS-CRÉDITOS CURSADAS EN MOBILIDADE ERASMUS INSTANCIA MATRÍCULA EN DISCIPLINAS OPTATIVAS SOLICITUDE DE ADMISIÓN COMO ALUMNO-A EN PRÁCTICAS (PEDAGOXÍA) SOLICITUDE DE INCORPORACIÓN AO EXPEDIENTE DE DISCIPLINAS CRÉDITOS ECTS RECOÑECIDOS POLA DIRECCIÓN XERAL SOLICITUDE DE MANTEÑEMENTO OU CAMBIO DE PROFESORADO SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS ECTS SOLICITUDE DE RECOÑECEMENTO DE DISCIPLINAS -CRÉDITOS ECTS SUPERADOS NOUTRA ESPECIALIDADE

INSTRUCIÓNS PARA O PAGAMENTO DE PREZOS PÚBLICOS

4.- NORMATIVA

Decreto 163/2015, do 29 de outubro,   Decreto 171/2016, do 24 de novembro e Orde do 21 de novembro de 2016 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Circular 4/2010 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa; Decreto 89/2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria