DSC_0005-1

Realiza os seus estudos con So Young Moon e Vladimira Smausova recibindo a Primeira Mención de Honor de Piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Perfecciónase na Academia Superior de Música e Artes Escénicas de Praga (Rep. Checa) durante os anos 1998-2000 con Frantisek Malý e no Conservatorio de Música de Centro-Finlandia (2000-2001) con Oleg Mantur.

Interpretou como solista o concerto nº3 de Beethoven coa orquestra “Vigo 430” (maio 2009), o concierto nº1 de Liszt (decembro 2011) coa orquestra “Clásica” de Vigo e o concierto nº1 de Chopin coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra (marzo 2012).

No verán de 2009 e con motivo do Bicentenario do Grito Libertario, realizou unha xira de concertos en Bolivia co tenor José Antonio Campo Edesa, co cal colabora regularmente dende o ano 2003.

En xaneiro de 2011, co gallo da celebración do ano Liszt, o dúo Campo-Ortiz foi invitado polas embaixadas de España e Hungría para realizar un concerto en Ljubljana (Eslovenia).

Foi profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Lugo (2001-2004).

Actualmente e dende o ano 2004 é profesor de piano e pianista acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo.


Don Carlos, Coro y Marcha fúnebre, S. 435 de Verdi-Liszt.


Verdi-Liszt: Paráfrasis sobre Rigoletto


Verdi-Liszt: Aida danza sacra e duetto finale, S. 436


Verdi-Liszt:Miserere du Trovatore