Obradoiro de adestramento en habilidades psicolóxicas

No presente curso, o SPIM dará continuidade ao obradoiro comezado no 2015-2016. Nesta ocasión levaranse a cabo os seguintes módulos:

A: adestramento no control da activación (ansiedade escénica)

D: adestramento en habilidades técnicas mediante ensaio en imaxinación (adestramento mental)

A actividade dará comezo o vindeiro mes de novembro (Calendario do obradoiro). Se estás interesado contacta coa coordinadora do SPIM en persoa ou ben vía e-mail spim@conservatoriosuperiorvigo.com