A XESTIÓN EMOCIONAL

Os músicos sabemos que non é posible acadar as máximas cotas de rendemento musical sen ter en conta na preparación das obras que vamos a executar o seu contido emocional. Cando facemos referencia á musicalidade da persoa, seguramente estaremos de acordo en que esta fai referencia non solo ao visible, obxectivo e tanxible do labor do intérprete, senón tamén a outros aspectos menos evidentes e máis difíciles de medir e obxectivar que teñen que ver coa expresividade e con a capacidade de comunicar. A expresividade non é outra cousa que a manifestación dos sentimentos e pensamentos e remite directamente ao eido emocional. O intérprete busca conmover e para conmover ten que conmoverse.

Obviamente, a técnica instrumental é un dos pilares, senón o pilar fundamental no que se sostén a nosa preparación como músicos. Pero ¿é posible adquirir unha boa técnica instrumental sen ter en conta o apartado emocional? En calquera caso, sexa cal sexa o pensamento particular de cada quen respecto ao papel das emocións na adquisición da técnica instrumental, si é algo comunmente aceptado que non se pode desenvolver ao máximo a expresividade sen unha boa técnica e a boa técnica sen expresividade non é suficiente para ser un gran intérprete.

Preguntarédesvos que ten que ver todo isto coa xestión emocional e o que nesta entrada do blog colgarei. Responderei, como boa galega, con máis preguntas:

¿É posible acadar riqueza expresiva sen un bo desenvolvemento da propia esfera emocional?

¿Non favorece acaso o bo desenvolvemento emocional o boa aprendizaxe?

¿Non importa tanto a intelixencia emocional como a cognitiva, senón máis, tanto para o benestar do propio músico como para o bo desenvolvemento profesional?

No primeiro vídeo amósase unha conferencia Ted da psicóloga Susan David, especialista en temas de liderado e gañadora de premios de psicoloxía en Harvard Medical School, na que resume o tema central do seu libro Emotional Agility: Get Unstuck, Embrace Change, and Thrive in Work and Life.

Esta charla de menos de 17 minutos amosa con claridade como o primeiro paso para a xestión emocional e, polo tanto, para conseguir resiliencia é recoñecer os propios sentimentos e como a negación pode converterse nun mecanismo máis destrutivo que favorecedor. Chamar polo seu nome aos sentimentos e non ocultalos permite que as nosas relacións sexan máis positivas, as nosas accións máis acertadas  e podamos desenvolver a nosa vida persoal e profesional dun xeito moito máis satisfactorio. Prema aquí

No segundo vídeo, a Doctora Feldman Barrett autora do libro How Emotions Are Made: The Secret Life of the Brain rompe con algúns mitos sobre as emocións e explica cómo se producen e cómo se poden controlar.