II CONGRESO INTERNACIONAL DE PSICOLOXÍA DA MÚSICA CONPSIMÚSICA 2020

A Asociación Española de Psicoloxía da Música e a Interpretación Musical (AEPMIM) presenta o II Congreso Internacional de Psicoloxía da Música e a Interpretación Musical, que se celebrará no Conservatorio Real Superior de Madrid do 16 ao 18 de septiembro 2020.

Unha excelente oportunidade para presentar traballos e poñerse ao día coas últimas investigacións levadas a cabo no eido da psicoloxía da música, así como para intercambiar ideas e reflexións e comezar proxectos comúns entre investigadores, pedagogos e  músicos. No congreso poderás disfrutar de conferencias,obradoiros, simposios, mesas redondas, música, café, concertos e contactar con profesionais de prestixio internacional.

Prema aquí