Actividades

CURSO 2016-2017

cronograma_gal2016-17-1
Cronograma

OBRADOIRO DE ADESTRAMENTO EN HABILIDADES PSICOLÓXICAS PARA O ALTO RENDEMENTO MUSICAL (Continuación)

MÓDULO B: Adestramento no control da activación (ansiedade escénica)
MÓDULO D: Adestramento en habilidades técnicas mediante ensaio en imaxinación

Calendario do obradoiro

CURSO 2015-2016 

newcronogal
Cronograma

NOME DA ACTIVIDADE: OBRADOIRO DE ADESTRAMENTO EN HABILIDADES PSICOLÓXICAS PARA O ALTO RENDEMENTO MUSICAL

ANTECEDENTES: O pasado curso 2014/15, o S.P.I.M. levou a cabo unha avaliación-diagnóstico de necesidades que tiña como finalidade detectar as principais áreas de interese para a intervención psicolóxica entre o noso alumnado. Esta información permitiría planificar axeitadamente as intervencións a desenvolver a partir do presente curso 2015/16 no que esperabamos implantar a 2ª fase do noso traballo: o deseño de diversas actividades de intervención, baseadas na metodoloxía científica co propósito de poder contrastar os resultados obtidos. Como consecuencia dos datos obtidos no noso diagnóstico, proponse un obradoiro, que baixo un epígrafe de carácter xeral permitirá a súa instauración como actividade a consolidar, dotándoo de diferentes contidos, ao longo dos cursos, en función das necesidades de cada momento.

DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE: O obradoiro completo proposto nesta ocasión componse de catro módulos independentes. Os alumnos poden inscribirse en todos eles ou nalgún en particular:

MÓDULO A: Adestramento na correcta planificación do estudo musical
MÓDULO B: Adestramento no control da activación (ansiedade escénica)
MÓDULO C: Adestramento no control postural durante a interpretación musical
MÓDULO D: Adestramento en habilidades técnicas mediante ensaio en imaxinación

*A participación é de carácter estritamente voluntario e de balde.

DESTINATARIOS: O obradoiro está dirixido a aqueles alumnos matriculados no CMUS Superior de Vigo que voluntariamente queiran participar e cumpran os seguintes criterios de inclusión:

  1. Ser alumno activo do centro
  2. Tocar habitualmente un instrumento musical ou cantar
  3. Firmar un contrato de participación, unha vez informado de todos os pormenores da actividade que terá as seguintes condicións:
    • Compromiso de confidencialidade
    • Compromiso de cumprimento das tarefas para casa
    • Compromiso de asistencia á totalidade a actividade (sesión e módulo)
    • Consentimento informado de participación no programa de investigación

Número máximo de integrantes por grupo e módulo = 8

TEMPORALIZACIÓN: Os módulos iranse ofrecendo progresivamente e en función das posibilidades horarias, tendo en conta os seguintes factores:

  1. Dispoñibilidade de aula adecuada dentro do horario de apertura do centro
  2. Dispoñibilidade horaria do alumnado que manifeste o seu interese en participar en cada módulo
  3. Dispoñibilidade horaria do docente

Primeiro cuadrimestre: preparación de contidos e materiais, presentación ao alumnado e selección dos grupos (outubro, novembro e decembro de 2015); segundo cuadrimestre: comezo das sesións efectivas do obradoiro (de xaneiro a abril de 2016); avaliación da actividade desenvolvida (maio, xuño e xullo de 2016).

O obradoiro levarase a cabo en sesións grupais de 90 minutos semanais e sesións individuais de ½ hora (non todas as semanas). Cada módulo non terá máis de 10 sesións (o número delas concretarase antes do inicio das mesmas, unha vez preparado todo o material).

TITULACIÓNS QUE HABILITAN AO DOCENTE PARA IMPARTIR O OBRADOIRO

  1. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1988).
  2. Título de Profesor Superior de Música, especialidade de Canto por el CMUS de A Coruña (2003).
  3. Título Oficial de Psicóloga especialista en psicoloxía clínica polo Ministerio de Educación e Ciencia (2004).
  4. Doutora en Didácticas Especiais pola Universidade de Vigo (2013).

 DOCENTE: Patricia Blanco Piñeiro

*TODOS OS ALUMNOS INTERESADOS EN PARTICIPAR PODEN POÑERSE EN CONTACTO A TRAVÉS DO E-MAIL spim@conservatoriosuperiorvigo.com  CO FIN DE ESTABLECER A PRIMEIRA REUNIÓN INFORMATIVA PARA ACLARAR CALQUERA DÚBIDA.

  • Conferencia titulada “Psicoloxía para intérpretes musicales”. Curso de verán XXVII edición “Psicoloxía e música”, do 6 ao 8 de xullo de 2016 en Torrelavega, Santander.
  • Entrevista para a Voz Televisión, 22 de decembro de 2015 sobre “A influencia da música a nivel psicolóxico, o seu poder movilizador”.

CURSO 2014-2015

cronogalego
Cronograma
  • Conferencia titulada “Psicoloxía para intérpretes musicales: unha experiencia”. III Jornada de Psicología Abierta, organizada pola Facultade de Psicoloxía da UNED. Sábado 18 de abril de 2015. http://www.uned.es/psicologiaabierta/formacion/2jornada.html
  • Conferencia titulada “A calidade da postura corporal durante a execución musical”, organizada polo departamento de Comunicaçao e Arte da Universidade de Aveiro. Xoves 26 de marzo de 2015.
  • Artigo titulado “Que pode facer a psicoloxía polo músico? para o programa “3 días de música”, Conservatorio e escola de música de Ponteareas.