Publicacións

González, A., Blanco-Piñeiro, P., Díaz-Pereira, M.P. (2017). Ansiedade escénica en músicos: Explorando as relacións estructurais coa autoeficacia, o impulso e o rendimento autoinformado. [Music performance anxiety: Exploring structural relations with self-efficacy, boost, and self-rated performance]. Psychology of Music.  Dispoñiible dende http://journals.sagepub.com/doi/pdf/10.1177/0305735617727822

Publication CoverResumo

O principal obxectivo do estudo foi analizar a percepción de autoeficacia na interpretación para predicir a ansiedade escénica (MPA), o impulso para tocar e a autopercepción do rendemento así como os seus resultados nunha mostra de estudantes e profesionais (profesores e intérpretes). Este traballo tamén tratou de determinar as similitudes e diferenzas entre os xéneros e o estado profesional a través de correlacións bivariadas, MANOVA e unha análise do Modelo de Ecuación Estrutural (SEM). Unha mostra de 270 músicos españois participaron no estudo. Con respecto ás similitudes, a MPA predixo negativamente a autoeficacia así como do impulso; o efecto total da MPA no rendemento foi negativo e significativo. A autoeficacia predixo positivamente o impulso e o rendemento. Polo contrario, o poder de predición do impulso sobre o rendemento non foi significativo. A MPA mediou os efectos da autoeficacia no impulso; analogamente, a autoeficacia e o impulso mediaron a influencia da autoeficacia no rendemento. Todas estas relacións foron equivalentes nos catro grupos de mulleres, homes, estudantes e profesionais. En cuanto ás principais diferencias, o estudo mostrou que os intérpretes obtiveron os valores máis altos en autoeficacia, impulso e rendemento; os estudantes superaron aos mestres e intérpretes en MPA; e as mulleres foron a submostra máis ansiosa. Discutimos estes resultados recoñecendo a súas limitacións e destacando a súas implicacións.

Palabras chave: autoeficacia, ansiedade escénica en músicos, impulso, rendemento

Blanco-Piñeiro, P., Díaz-Pereira, M.P., Martínez, A. (2017). Diferenzas na calidade postural durante aa interpretación según o instrumento musical empregado: músicos, calidade postural e instrumento musical [The variation of posture quality across musical instruments and its impact during performances: Musicians, body posture and musical instrument]. International Journal of Occupational Safety and Ergonomics. Dispoñible dende http://dx.doi.org/10.1080/10803548.2017.1298277.

Descarga gratuíta http://www.tandfonline.com/eprint/zVpzPDKyWYwBYKPRqDwh/full

Obxectivo: a calidade da postura corporal é considerada un factor de risco que pode incrementar a vulnerabilidade dos músicos aos trastornos músculo-esqueléticos. Este estudo compara a calidade da postura corporal en función da especialidade instrumental. Método: empregando un instrumento de observación postural deseñado ad hoc que abarca 11 variables posturais, catro expertos avaliaron a postura de 100 estudantes dun conservatorio superior de música español. Resultados: a consistencia  interxuíz foi estatisticamente confirmada polos coeficientes de correlación Kappa de Cohen cuns resultados entre .855 e 1,000 (p < .001) e Kendall = .709 a 1,000 p < .001 en todos os casos).  Ademais, as análises χ2 reflexaron relacións estatisticamente significativas entre as familias instrumentais e a postura interpretativa en posición sentada con respecto á aliñación da pelve, a curvatura da columna dorsal e a aliñación da cabeza tanto no plano saxital como no frontal. Esta análise tamén mostrou unha relación entre as familias instrumentais e a postura tocando en posición de pé con respecto ao eixo de gravidade no plano frontal, a aliñación da pelve, posición da cabeza respecto ao plano frontal, aliñación dos ombros no plano saxital e a postura global. Conclusións: namentres que algúns defectos posturais son comúns a todas as familias instrumentais, outros son máis característicos dunhas que de outras.  A especialidade cos mellores índices de calidade postural foi a gaita, seguida da percusión e corda.

Palabras chave: estudantes de músicainstrumentopostura, avaliación.

Blanco-Piñeiro, P., Díaz-Pereira, M.P., Martínez, A. (2017). Músicos, calidade postural e saúde músculo-esquelética: unha revisión da literatura (Musicians, postural quality and musculoskeletal health: A literature’s review). Journal of Bodywork and Movement Therapies 21, 157-172.  Dispoñible dende: http://dx.doi.org/10.1016/j.jbmt.2016.06.018 Dispoñible gratuitamente durante 50 días no seguinte enlace https://authors.elsevier.com/a /1UVNo4rR6wBKml

 Resumo:

 Obxectivo: analizar de modo sistemático as características máis relevantes dos traballos de investigación publicados entre os anos 1989 s 2015 que avalían a relación entre a calidade da postura corporal dos músicos durante a execución musical e diversos factores relacionados con a calidade da interpretación musical e a saúde, con especial énfase nas variables de saúde músculo-esquelética. Método: realizouse unha busca nas bases de datos Medline, Scopus e Google Schoolar de artigos de investigación en torno ao tema obxecto do presente estudio. Os descritores MeSH que se usaron foron: posture; postural balance; muscle, skeletal; task performance and analysis; back; and spine and music. Levouse a cabo una análise estatística das súas metodoloxías (tipos de mostra, deseños temporais e variables relacionadas coa postura, a saúde e outras) e os principais resultados. O criterio de inclusión foi que entre as variables obxecto de estudio estivesen incluídas a calidade da postura corporal dos músicos durante a execución musical. Resultados: atopáronse 41 estudios empíricos relevantes, publicados en inglés. A comparación e a análise dos resultados víronse obstaculizados pola gran heteroxeneidade dos instrumentos de medida e a operativización das variables.  Conclusión: Pese ao crecente interese nas relacións entre estas variables, a base de coñecementos empíricos aínda ten moitas limitacións, o que fai difícil unha análise comparativa rigorosa.

Palabras chave: revisión, músico, calidade postural, trastornos músculo-esqueléticos, eficiencia.

Blanco Piñeiro, Patricia.  O corpo do cantante, a postura corporal no canto (III). Ópera Actual 190, abril 2016, pp., 48-49. Dispoñible dende aquí

Blanco Piñeiro, Patricia. O corpo do cantante, a postura corporal no canto (II). Ópera Actual 189, marzo 2016, pp., 44-45. Dispoñible dende aquí

 

Blanco Piñeiro, Patricia.  O corpo do cantante, a postura corporal no canto (I). Ópera Actual 188, febreiro 2016, pp., 50 y 51. Dispoñible dende aquí

 

 

Blanco Piñeiro, P. (2015). Que pode facer a psicoloxía polo músico? 3 días de música, Conservatorio e escola de música de Ponteareas.

Blanco-Piñeiro P., Díaz-Pereira MP & Martínez A. (2015). Erros posturais habituales entre os estudiantes de música (Common postural defects among music students). Journal of Bodywork & Movement Therapies. 19 (3), 565-572. Dispoñible dende: http://dx.doi.org/10.1016/j.jbmt.2015.04.005.

Resumo: A calidade da postura corporal durante a execución musical presenta relacións con a saúde músculo-esquelética, así como co rendemento interpretativo. Examinouse a calidade da postura corporal de 100 estudiantes de instrumento dun conservatorio superior de música en España. Un comité de expertos analizou vídeos e fotografías dos suxeitos mentres tocaban, obtivéronse medidas en 11 variables de calidade da postura. Rexistráronse datos dende unha perspectiva corporal global, así como dos diferentes segmentos corporais. Os resultados permitiron identificar os defectos na postura corporal máis frecuentes, así como as situacións nas que se producen, concluíndose que a maioría dos estudiantes presentan errores na súa postura e, en consecuencia, unha postura corporal non fisiolóxica durante a interpretación musical.

 Palabras chave: estudiantes música, avaliación, calidade  postural.

Blanco Piñeiro P. (2013). “A calidade da postura corporal durante a execución musical, un estudio descritivo con alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo” (tese doutoral). Departamento de Didácticas Especiais da Universidade de Vigo. Dispoñible dende aquí

Blanco Piñeiro P., & García Soidán JL. (2011). Efectos da aliñación da pelve na execución musical. En V. Romo y A. Martínez (Eds.). Programa de doutorado en Didácticas Especiais II, Investigación nol ámbito da actividade física e a música. Santiago de Compostela: Andavira Editora S.L., p. 137-145.

Resumo: Estudouse o efecto da aliñación da pelve na calidade de execución musical dunha mostra formada por 35 estudiantes dun conservatorio superior de música, repartidos aleatoriamente en dous grupos: experimental e control. Fíxose un deseño cuasiexperimental nun escenario natural cunha mostra de conveniencia.  Os alumnos do grupo experimental foron gravados inicialmente en vídeo tocando na súa postura habitual e posteriormente, coa pelve corrixida en posición neutral. Os alumnos do grupo control deberon de autocorrixirse na postura. Un comité de expertos valorou a calidade de ambas execucións en base a unhas gravacións en audio, sen coñecemento da postura adoptada por cada alumno. Aplicando as probas estatísticas de Mc Nemar, T e Chi cuadrado obtivéronse diferenzas estatisticamente significativas entre ambos grupos, tanto nas autovaloracións manifestadas polos suxeitos estudados como nas feitas polos expertos. Concluíuse cos suxeitos do grupo experimental manifestaron mellorías significativas a nivel psicocorporal e melloraron notablemente a súa calidade de execución musical cando lles foi corrixida a aliñación da pelve.

 Palabras chave: Postural corporal, pelve, música.