PROCEDEMENTO E PRAZOS PARA A PRESENTACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE ESTUDOS (TFE)
INFORMACION PARA ALUMNADO

1. A matrícula do TFE debe realizarse simultáneamente coa matrícula nas materias de 4º curso, sempre que a matrícula se faga de todas as materias, ou das que resten para rematar os estudos de 4º curso. Unha vez realizada a matrícula, @ alumn@ disporá de unha convocatoria ordinaria e outra extraordinaria, a realizar no transcurso do curso académico no que se matricula do TFE. No caso de non realizar o TFE nese mesmo curso académico, por causas excepcionais que se deberán acreditar, poderá dispoñer do prazo correspondente ao primeiro cuatrimestre do curso seguinte.

2. Para a presentación do Proxecto de TFE cubriráse o formulario TFE /F1 á disposición nas oficiñas e na páxina web do centro, e presentarase por rexistro. Xunto co formulario achegaráse:

a. O Proxecto de TFE (guión do traballo), realizado baixo as indicacións do docente responsable da material principal (ver táboa de materias principais para cada unha das especialidades). O guión conterá cando menos: título do proxecto, índice xeral, xustificación do traballo, breve descripción do contido, cinco palabras clave.

b. Unha copia impresa das partituras a interpretar no concerto do TFE.

3. Pódese presentar o Proxecto do TFE con anterioridade ou con posterioridade á superación de todas as materias de 4º curso. En calquera caso as solicitudes tramitaranse en tres convocatorias por curso: setembro, xaneiro e marzo. O prazo de cada convocatoria é o do mes natural correspondente.

4. O Departamento correspondente, contestará no prazo máximo de un mes á solicitude d@ alumn@ e trasladará a resolución á vicedirección (modelo TFE/F2) mediante rexistro. A vicedirección comunicará á/ao solicitante, que ten a resposta do departamento á súa disposición para recoller nas oficiñas. No caso de informe favorable, no mesmo TFE/F2 indicaráse á/ao solicitante o nome d@ titor ou titora. No caso de que se tivera solicitado pianista acompañante do centro, o departamento de piano acompañante remitirá igualmente por rexistro á vicedirección, a resolución correspondente, mediante o formulario TFE/F3, no prazo máximo de un mes logo de ter recibido a petición. No caso de solicitar pianista acompañante do centro, @ alumn@ debe facilitar ao/á pianista designad@ polo departamento de piano acompañante, as copias das partituras das obras a interpretar.

5. Para a realización do TFE seguiranse as indicacións do titor ou titora designado polo departamento e de acordo co recollido na Guía Docente de cada Especialidade. @ titor/a contactará co/a alumn@ para determinar a primeira cita, acordandose no sucesivo as reunións que se precisen. Como norma xeral, e salvo pacto en contrario d@ alumn@ e pianista acompañante, realizaránse un mínimo de catro ensaios do programa. Ademais garantiranse cando menos dous ensaios co/coa pianista acompañante na sala donde se vaia realizar o concerto do TFE. No casos d@s alumn@s da especialidade de piano, garantiranse ata tres ensaios na sala donde se vaia realizar o concerto de TFE. Para realizar os ensaios no auditorio @ alumn@ debe contactar coa vicedirección e proceder á reserva correspondente de acordo coas normas xerais de uso do auditorio.

6. Se ao longo do desenvolvemento do traballo xurdise a necesidade de modificar o programa do concerto de TFE, @ alumn@, previa autorización do/a titor/a, o solicitará mediante instancia común dirixida á/ao xefe do departamento correspondente. O departamento examinará a petición e resolverá o que proceda, contestando directamente a/ao alumn@ mediante correo electrónico.

7. Unha vez rematado o TFE @ alumn@ presentará mediante o formulario TFE/F4 a solicitude para o acto de defensa pública. Xunto coa solicitude debidamente cuberta, achegaranse:

a. Duas copias impresas e encadernadas en tapa dura do traballo, asinadas pol@ autor/a,

b. Unha copia en PDF (en soporte CD-ROM) idéntica aos exemplares impresos presentados; se se detectasen diferencias entre o traballo entregado impreso, e o PDF que vai no CD-ROM, podería suspenderse o procedemento da defensa. No caso de que o traballo inclúa anexos impresos, o PDF entregado debe recoller todo o documento (corpo principal do texto e anexos) nun único documento en PDF.

c. No caso de que haxa Anexos con documentos audiovisuais, estes incluiránse tamén no CD-ROM xunto co PDF do traballo escrito.

d. No caso de que os documentos incluidos no CD ROM teñan un tamaño superior a 25 MB no seu conxunto, deberán entregarse 7 copias do CD ROM, para poder facelas chegar aos membros do tribunal.

e. O número de copias impresas das partituras das obras a interpretar, que lle demande no seu momento o/a presidente do tribunal, ata un máximo de cinco.

8. A vicedirección porase en contacto co/coa xefe/a do departamento correspondente á especialidade de que se trate, para que o departamento realice a proposta de tribunal. Unha vez proposto o tribunal, a vicedirección, de común acordo coa presidencia do mesmo, d@ alumn@ e d@ pianista acompañante, caso de habel@ por parte do centro, procederá a nomear tribunal, indicando no nomeamento a data, hora e lugar ou lugares do acto. En calquera caso, este acto non poderá realizarse antes de que teñan transcorrido 30 días desde a data da aprobación do proxecto de TFE.

9. A título informativo e aos efectos de previsión das datas de defensa solicitadas, debe terse en conta que: é preciso gardar os 15 días preceptivos entre o nomeamento do tribunal e a data da defensa; antes de nomear o tribunal debe recibirse a proposta de tribunal por parte do departamento correspondente; unha vez proposto o tribunal, a presidencia do mesmo debe dar o prace á data proposta de defensa. Polo tanto, aínda non sendo posible determinar con exactitude o prazo que transcorrerá entre o depósito do TFE e a súa defensa pública por estar implicados diferentes órganos nese proceso, a efectos informativos, pode estimarse prudencialmente este tempo nun mínimo de 25 días.

10. Unha vez fixada a data da defensa, @ alumn@ poderá solicitar o cambio da data, mediante instancia común, aportando a motivación e documentos acreditativos que considere; a solicitude será resolta pola dirección do centro á vista do exposto pol@ solicitante, e procedendo no seu caso a vicedirección a fixar unha nova data, dentro dos prazos legais previstos para a defensa en razón das convocatorias. Igualmente, @ alumn@ poderá solicitar a anulación da convocatoria, aportando a motivación e documentos acreditativos que considere; neste caso a dirección tramitará a solicitude de acordo coa normativa de aplicación e resolverá de ser o caso, o que proceda.

11. Os TFE serán defendidos dentro dos períodos determinados a este efecto pola dirección do centro. A modo informativo, e para o curso 2017/2018, estes períodos serán:

– Período ordinario: do 11 ao 15 de xuño,

– Período extraordinario: do 9 ao 13 de xullo.

Non obstante, e de acordo co previsto nas Instrucción recibidas da Subdirección Xeral competente, o alumnado poderá solicitar a realización da defensa fora destes períodos, co límite temporal en calquer caso, do 13 de xullo.

12. A vicedireccion indicará no mesmo documento de nomeamento do tribunal, o lugar e hora do acto ou actos. Como normas xerais:

a. Para a defensa do traballo de investigación, @ alumn@ disporá de unha sala con ordenador, canón de video e equipo de audio.

b. Para o concerto, @ alumn@ disporá do Auditorio Martín Códax, agás que por motivos excepcionais e co prace da presidencia do tribunal se dispoña outro espazo. O Auditorio debe entenderse coa súa dotación mínima habitual: luz branca de escea e piano de concerto en escea. En caso de que precise doutras necesidades deberá informalo na formulario TFE F4, non estando o centro obrigado a satisfacelas máis alá das dispoñibilidades habituais.

c. É responsabilidade d@ alumn@ verificar coa antelación suficiente o correcto funcionamento dos equipos e instrumental que vaia precisar. Poderá contar co auxilio do responsable de TICs no referido á disposición dos equipamentos informáticos, sempre coa debida antelación. Igualmente, para a montaxe escénica e uso de instrumental do centro, poderá contar co auxilio d@ seu titor/a, que poderá recabar a colaboración que precise do persoal subalterno do centro.

13. @ alumn@ realizará os programas de man para o concerto do TFE. O formato é libre podendo ser en branco e negro, cor, con fotografías, etc. Os programas deben conter, cando menos, os seguintes datos: nome d@ alumn@, especialidade e itinerario no seu caso, lugar data e hora do acto, breve currículo d@ alumn@, programa do concerto a interpretar (autor, obra, movemento, etc. e duración estimada), e logo do centro (que se pode descargar da páxina web do CSMVigo). Poderase optar por imprimir os programas por conta propia ou no conservatorio; neste segundo caso, deberán ser enviados á vicedirección por correo electrónico, en formato PDF, tamaño A4 para impresión a doble cara, con unha antelación mínima de tres días hábiles ao acto da defensa. A Vicedirección deixará 50 copias dos programas a nome d@ alumn@ na Conserxería do centro con anterioridade á realización do acto. No caso de que estimase precisar maior cantidade de copias ou calquera modificación sobre a norma xeral, deberá ser solicitado da mesma vicedirección coa antelación mínima antedita. Os actos de defensa de TFE publicitaránse mediante a páxina web do CSMVigo, e os enlaces a redes sociais (facebook, twiter, etc.) que os servizos de tecnoloxías da información e comunicación do conservatorio teñen habilitados. No caso de que se desexe colocar cartelería, pode facerse libremente por parte d@ alumn@ nos espazos dispostos ao efecto nos taboleiros do conservatorio.

14. No caso das especialidades e itinerarios nos que a defensa do TFE implica dúas probas, a puntuación do TFE realizarase de xeito diferenciado para cada unha das dúas partes de que consta a proba, cualificandose cada unha de 0 a 10, e ponderándose para a nota final agregada: nun 20% a nota obtida na exposición do traballo, en nun 80% a nota obtida no concerto. En calquera caso, para poder superar a proba, será preciso obter un mínimo de 5 en cada unha das dúas partes. Unha vez realizada a defensa pública e deliberación do tribunal, @ presidente do tribunal procederá a publicar con carácter inmediato no taboleiro oficial do centro, unha copia da acta de avaliación, trasladando outra copia áos servizos administrativos do centro.

Documentación e formularios dispoñibles na páxina web:
 Formularios TFE (de TFE/F1 a TFE/F4).
– Táboa de materias principais.
– Documento TF6 Tutores