top of page

Aviso legal

Información xeral

Estas disposicións regulan o uso do servizo web que CSMVigo pon a disposición dos usuarios de Internet.

CSMVigo é o propietario do dominio de segundo nivel “csmvigo.com” e dos distintos elementos incluídos nel.

O contido proporcionado a través deste sitio web emítese só con fins informativos. Aínda que se fará todo o posible para que a información contida sexa exacta e actualizada, CSMVigo non garante que o contido deste sitio web estea libre de erros, nin que estea completamente actualizado.

CSMVigo non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puidesen ocasionar pola utilización ilexítima ou inadecuada das ferramentas e informacións contidas no sitio web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse exercicio das súas competencias.

CSMVigo non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contido de ligazóns a páxinas externas sobre as que non ten control, debendo o usuario deste sitio web, en todo caso, aterse ás condicións específicas de uso dos devanditos enlaces.

CSMVigo resérvase o dereito a realizar, en calquera momento e sen previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida ou da súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e os seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste sitio web, salvo que se indique expresamente o contrario, é susceptible de reutilización, e autorízase a súa reprodución, modificación, distribución e comunicación total ou parcial, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

• Prohíbese en ningún caso a desnaturalización do contido da información.

• O usuario está obrigado a citar a orixe dos documentos obxecto de reutilización.

Esta licenza non reduce nin restrinxe os dereitos exclusivos do propietario dos dereitos de propiedade intelectual, tales como deseño web e códigos fonte, marcas rexistradas, nomes comerciais, logotipos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de Propiedade Intelectual ou calquera outra lei aplicable. 

Política de cookies

Esta web utiliza cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como enlaces a portais de terceiros para compartir contidos en redes sociais.

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que un sitio web pode descargar nun ordenador para obter e recuperar información cando navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerte como usuario, obter información sobre os teus hábitos de navegación ou personalizar a forma en que se lle mostra o contido.

Os distintos tipos de cookies que se utilizan neste portal pódense clasificar nas tres categorías que se indican a continuación. Dito isto, hai que ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o período de tempo que permanecen activadas:

• cookies de sesión: créanse temporalmente e elimínanse unha vez que abandona o sitio web.

• cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo determinado e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestiona:

• cookies propias: aquelas enviadas ao seu ordenador e xestionadas exclusivamente por CSMVigo, que só obtén e conserva información relacionada cos datos de sesión e idioma. Estes son necesarios para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte dos usuarios.

• cookies de terceiros: no caso deste sitio web, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta de CSMVigo.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

• cookies técnicas: aquelas que permiten ao usuario navegar polo Portal e utilizar os servizos dispoñibles nel.

• cookies analíticas: aquelas que permiten medir e analizar o comportamento dos usuarios no portal co fin de introducir melloras no mesmo.

• Cookies de preferencias: aquelas que nos permiten lembrar información e personalizar a experiencia do usuario, como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición de cookies

Esta web utiliza as seguintes cookies:

Tipo de cookie

cookie

Finalidad

Política

Propia

JSESSIONID

Mantener activa la sesión de la persona usuaria y en el idioma seleccionado

Xunta de Galicia - Política de cookies

De terceros (Google)

_gid

Analítica y distinguir a las personas usuarias

Google Analytics- Protección de datos

De terceros (Facebook)

fr

Se emplea por la red social en el caso de compartir contenido en Facebook

Facebook - cookies y otras tecnologías de almacenamiento

De terceros (Twitter)

_ga;
personalization_id; guest_id;
_ga

Se emplean por la red social en el caso de compartir contenido en Twitter

X - Uso de cookies y tecnologías similares

 

 

 

 

 

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de dous tipos:

  • Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.

  • Técnicas (redes sociais): permiten compartir o contido da web nas redes sociais de Facebook e X e só se descargan polas propias redes sociais no caso de que as persoas usuarias empreguen esta funcionalidade e accedan ás ligazóns. A información recollida por estas cookies é almacenada e xestionada directamente por Facebook e Twitter. Estas empresas realizan transferencias de datos a países fora da Unión Europea, polo que recomendamos consultar as súas políticas mediante as ligazóns facilitadas no cadro.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador.

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades da web poderían non responder correctamente. 

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo polo CSMVigo, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, a web posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Vigo.

Sección

Este es un párrafo. Haz clic en Editar texto o doble clic en el cuadro de texto para editar el contenido. Asegúrate de agregar cualquier información relevante que quieras compartir con tus visitantes.

Lista

Este es un párrafo. Haz clic en Editar texto o doble clic en el cuadro de texto para editar el contenido. Asegúrate de agregar cualquier información relevante que quieras compartir con tus visitantes.

Lista

Este es un párrafo. Haz clic en Editar texto o doble clic en el cuadro de texto para editar el contenido. Asegúrate de agregar cualquier información relevante que quieras compartir con tus visitantes.

Lista

Este es un párrafo. Haz clic en Editar texto o doble clic en el cuadro de texto para editar el contenido. Asegúrate de agregar cualquier información relevante que quieras compartir con tus visitantes.

Lista

Este es un párrafo. Haz clic en Editar texto o doble clic en el cuadro de texto para editar el contenido. Asegúrate de agregar cualquier información relevante que quieras compartir con tus visitantes.

bottom of page