Transparencia
O ámbito de actuación do Conservatorio Superior de Vigo é o da Comunidade Autónoma de Galicia, da que depende, sendo un centro público creado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O seu ámbito de actuación, no que ao alumnado se refire, non ten limitación algunha, podendo acoller alumnado que cumpra os requisitos de acceso establecidos na norma vixente, que non é outra que ter unha titulación de bacharelato ou equivalente e superar as probas de acceso que se celebran cada ano nas datas que para os efectos determine a Administración competente en materia de Educación na Comunidade Autónoma. Nesa dirección a vocación do Conservatorio Superior de Vigo é captar alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia, noutras comunidades e países próximos ou alleos que contribúan a difusión e mellora do traballo realizado na institución educativa.
Acordos do CSM de Vigo
Afundación
Asociación Amigos da Ópera de Vigo
Cidade da Cultura
Concello de O Porriño
Concello de Ponteareas
Concello de Tomiño
Deputación de Pontevedra
Esmerarte
Odaiko
Onme
Orquestra Clásica de Vigo
Orquestra da USC
Orquestra de Cámara Galega
Orquestra Sinfónica de Galicia
Orquestra Son das Flores
Orquestra Vigo430
PlayPlan
Radio Vigo
Vertixe Sonora Ensemble
Xeneme
Xuventudes Musicais do Eixo Atlántico